Curso Ferramentas de comunicación para o desenvolvemento persoal e profesional de mulleres en Conxo, Santiago de Compostela

Curso Presencial Gratuito
Ferramentas de comunicación para o desenvolvemento persoal e profesional de mulleres

“Escribindo o currículo”. A partir do poema de Wislawa Szymborska achegámonos á nosa faceta profesional cunha ollada subxectiva. Comunicación: “Constrúe o teu discurso”. A importancia de resumir de forma breve a nosa traxectoria profesional ou presentar o noso proxecto de emprendemento. Comunicar co corpo. Uso da linguaxe non verbal. Elevator Pitch, anglicismo que se emprega no discurso de presentación sobre un proxecto ante potenciais clientes ou accionistas. Pechakucha, formato de presentación na cal se expón unha presentación de maneira sinxela e informal mediante 20 diapositivas mostradas durante 20 s cada unha.

curso, libre, gratuíto, ferramentas, comunicación, mulleres, Conxo, Otro Tiempo,

Obxectivo Xeral:

O empoderamento persoal. No desenvolvemento dos cursos trabállase con dinámicas que promoven un proceso de empoderamento persoal: Falar en público, presentar unha traxectoria profesional ou un pro- xecto de emprendemento e chaves da linguaxe non verbal nunha entrevista de traballo.

Programa:

Introdución: como escribir o currículo cunha visión subxectiva. Construción do discurso. Comunicar traxectoria profesional. Presentar un proxecto. Uso da linguaxe non verbal. Discurso de presentación “Elevator Pitch”. Presentación con Pechakucha. Actividade práctica.

O curso será principalmente práctico. Durante as clases profundizarase en practicar e coñecer as dinámicas que se empregan como ferrramentas para mellorar as presentacións en público do noso currículo ou proxecto profesional.

Dirixido a: Mulleres desempregadas ou cun pro- xecto propio de autoemprego, interesadas en ampliar o seu desenvolvemento profesional e persoal. Tamén Asociacións ou agrupación e Pemes integradas por mulleres.

Obxectivo do curso:

Desenvolver habilidades de comunicación para presentar a nosa traxectoria profesional ou proxecto de emprendemento. Escritura do CV. Construción dun discurso propio. Comunicación non verbal.

Datas: 13, 14 y 15 de Decembro de 10 h a 14 h.

Lugar: Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, Praza Aurelio Aguirre nº1, Conxo 15702 Santiago de Compostela

Inscrición: Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, Praza Aurelio Aguirre nº1, Conxo 15702 Santiago de Compostela Tfno.: 981 528 740 ou dianaleira@hotmail.com

Ou cubrir o formulario:

Error: Formulario de contacto no encontrado.

curso, libre, gratuíto, ferramentas, comunicación, mulleres, Conxo, Otro Tiempo,